A vida é unha sucesión de espacios e tempos, con diferentes situacións e actores, nos cales cadaquén cumple o papel que ten asignado nos distintos episodios das series que nos tocan no reparto que temos reservado e adxudicado no "casting".
Neste espacio tentaremos recoller aqueles artigos e opinións, tanto de traballos de profesionais, columnistas e outras opinións de colaboradores que nos aporten unha filosofía de vida sobre as diferentes temáticas e situacións que unha persoa pode atoparse ao longo do seu Camiño de Vida.
Así, atoparemos traballos xa publicados en diferentes medios e outros feitos específica e puntualmente en cada ocasión. Sobre todos eles,simplemente, limitarémonos a publicalos na nosa sección; en primeiro lugar por compartir básicamente as súas opinións e, en segundo lugar, nesa liña, por contribuir, na nosa medida, a divulgar e promocionar esa filosofía que encerra cada unha das distintas opinións.
Por suposto faremos referencia aos autores e medios nos cales foron publicados, así como, desde xa, manifestamos o noso agradecemento pola súa aportación a facernos reflexionar e poder entender a realidade que nos rodea.
En base ao devandito, "Camiño de Vida" é un espacio aberto no cal tentaremos recoller e divulgar todas aquelas opinións coincidentes coa nos filosofía de vida, aínda que non sempre compartamos as mesmas na súa totalidade, mais sí no fundamental.
Busca neste blog
miércoles, 21 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario