Durante os días 5, 6 e 7 de maio tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo, de Santiago de Compostela o 2º Encontro Internacional de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e dos Medios do Audiovisual), xornadas ás cales acudíu a Asociación "Conxeito" polo interese das mesmas e que estivo representada polo seu presidente, Luis Calvo. Tres días de intenso debate e participación por parte de mulleres profesionais de toda Europa. Alí déronse cita directoras, guionistas, productoras... que durante ese tempo analizaron en profundidade a situación do audiovisual presente e futuro cunha activa participación e debate coas aportacións de directoras como Iciar Bollaín, Chus Gutiérrez, Isabel Coixet, Patricia Ferreira... e ponentes Margarita Ledo, Pilar Pardo, Corinna Mehner Agnés Jaoui, Carie Tarr e outras. As conclusións destas xornadas de debate quedaron recollidas na Carta de Compostela, documento presentado na clausura pola presidenta de CIMA, Inés París. Para dar peche a este interesante Encontro tivo a presencia do Conselleiro de Cultura, Roberto Varela e máis da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González Vázquez.