Busca neste blog

lunes, 19 de diciembre de 2011

A Capela

O pasado sábado 17, de decembro ás 20 horas na Casa da Cultura de A Capela tivo lugar a presentación da publicación “Os cines na comarca de Ferrol-Eume-Ortegal . As súas xentes. Os seus recursos (1891-2010)”, elaborado por Aurora Vázquez Aneiros, María Xesús Arias Rei e Luis Calvo Teijo os cales falannos das arredor de setenta sás cinematográficas que houbo nas comarcas de Ferrol entre os anos 1891 ata o 2010.

O acto estivo a cargo de Luis Calvo Teijo, que foi presentado polo concelleiro de cultura de A Capela, José M. Corral. A presentación do libro dos cines estivo reforzada coa proxeción dun audiovisual que recolle as imaxes dos locais, hoxe desaparecidos na súqa mayoría que lembrarán aos asistentes aqueles tempos vividos no seu día baixo a maxia e os soños do cine.

Con esta presentación a asociación “Conxeito” comeza un circuito que levará a presenza desta importante publicación a varios concellos da comarca, ofrecendo a posibilidade de regalar parte da nosa historia durante as festas do nadal.

Moitas das salas de proxección da bisbarra de Ferrol naceron do amor que por esta nova forma de arte sentiron algúns dos nosos emigrantes a América. Máis dun proxecto empresarial do cine fala da vontade de traer cultura a unha terra carente de recursos; así como outros trouxeron escolas, asilos e parques de recreo.
Unha característica común era que a maioría destes cines pertencían a familias que encontraron no cine o seu sustento económico principal. Outra das características común a moitos dos cines da comarca é o seu nacemento ligado aos salóns de baile xa existentes. As primeiras exhibicións realízanse no mesmo salón, antes de dar o paso seguinte, apostar polo cine.
Nestas salas polivalentes proxectábanse películas non todos os días da semán e sesións en sábados e domingos. Logo da última sesión do fin de semana recollíanse as butacas para que a xente puidese botar as pezas ao ritmo da orquestra de turno.
No caso concreto que hoxe nos ocupa de A Capela tivo dous locáis adicados ao cines como é o do cine Cervantes, un dos casos que falabamos ao comezo, que veu da man dun emigrante na Havana, como foi Eladio Paz, cuia construcción correu a cargo do contratista do concello, Sabín da Barbela. Nesta sala traballaron os veciños Ramón Paz, o carteiro de As Neves, e José Gato Allegue.
O Teleclube de Sande, edificio levantado por iniciativa do párroco don Ramón Permuy e dos veciños, aparte da súa principal función relixiosa, acollía tamén actividades de ocio como o teatro Unha tempada tivo proxeccións de cine da man dun veciño, grandísimo afeccionado desta profesión, Manuel Naveiras. Naveiras tamén chegou a pasar sesións no salón de plenos da casa consistorial desta localidade e noutros cines de Ferrol e cidades de Galicia.