Busca neste blog

martes, 15 de noviembre de 2011

Camiño de Vida (martes 15)

O martes 15 de novembro comezaron na Fundación Novacaixagalicia as proxecións e debates da Mostra “Cinema e Sociedade 2011”. A primeira das proxecións foi “La decisión de Anne” do director Nick Cassavetes que trata o tema da superación da mujller diante da vida, neste caso arredor do tema do cancro e circunstancias que afectan a unha familia que sofre desa enfermidade.
A Mesa Redonda sobre o tema Camiño de Vida, estivo dirixida por Lucía Barcia Umbón, psicóloga e Paula Romero López, traballadora Social, ambas pertencentes á asociación española de loita contra o cancro de Ferrol (aecc) diante dun salón cheo de alumnos dos centros de ensino, IES Carvalho Calero (4º da ESO e 1º de bacharelato) e ciclos medio de enfermería e ciclo superior de dietética do IES Leixa.

Na sesión da tarde, ás 8 horas, tivo lugar o pase da película “Lena” do director Gonzalo Tapia seguida dunha charla coloquio sobre o tema da violencia social.


No hay comentarios:

Publicar un comentario