Busca neste blog

lunes, 14 de noviembre de 2011

Inauguración (luns 14)

O luns 14 de novembro tivo lugar en Ferrol, a inauguración da Mostra “Cinema e Sociedade 2011”, na Fundación Novacaixagalicia, coa presencia da presidenta da Fundación “Sandra Ibarra de solidaridad frenta al cáncer”.

As 6 da tarde houbo un café social de Sandra  Ibarra con persoas afectadas da Asociación Española de Ferrol de loita contra o cancro, acompañadas pola súa presidenta Isabel Caamaño que departiron con Sandra Ibarra sobre a enfermidade e as súas circunstancias. 

As 7 da tarde Sandra Ibarra foi recibida polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, sendo acompañada pola presidenta da Asociación do Cáncer, de Ferrol, Isabel Caamaño e máis o director da Mostra e presidente da asociación cultural “Conxeito”, organizadora, Luis Calvo Teijo.

As 7,30 da tarde deu comezo a Mostra do 2011 coa apertura a cargo dunha introducción da mesma para deseguido Sandra Ibarra, ofrecer unha charla ao numeroso público que enchía o salón da Fundación Novacaixagalicia e rematar coa imposición, por parte da asociación “Conxeito” da “Mención Especial de Acción Social 2011” á Fundación “Sandra Ibarra”.






 A sesión inaugural rematou coa intervención musical do dúo “Deja Blues”.