Busca neste blog

sábado, 17 de marzo de 2012

Os cines en As Somozas

O pasado venres 2 de marzo ás 20 horas no concello de As Somozas tivo lugar a presentación da publicación “Os cines na comarca de Ferrol-Eume-Ortegal . As súas xentes. Os seus recursos (1891-2010)”, elaborado por Aurora Vázquez Aneiros, María Xesús Arias Rei e Luis Calvo Teijo os cales falannos das arredor de setenta sás cinematográficas que houbo nas comarcas de Ferrol entre os anos 1891 ata o 2010.
A presentación foi a cargo de membros da asociación "Conxeito" os cales pasaron un audiovisual con imaxes de todos os cines existentes, así como das persoas que tiveron algo que ver co cine en As Somozas e estiveron acompañados por Santos, concelleiro de Cultura. A continuación  "Conxeito" invitou aos asistentes a un viño nun acto que rematou cunha breve interpretación de cantigas a cargo do coro de maiores de As Somozas.