Busca neste blog

sábado, 17 de marzo de 2012

San Sadurniño

O pasado sábado 17, de decembro ás 10 horas na Casa da Cultura de San Sadurniño A Capela tivo lugar a presentación da publicación “Os cines na comarca de Ferrol-Eume-Ortegal . As súas xentes. Os seus recursos (1891-2010)”, elaborado por Aurora Vázquez Aneiros, María Xesús Arias Rei e Luis Calvo Teijo os cales falannos das arredor de setenta sás cinematográficas que houbo nas comarcas de Ferrol entre os anos 1891 ata o 2010.


Previamente fíxose a inauguración da exposición de cines, propiedade da Asociación "Conxeito", con 27 panesi que recollen instantáneas de todos os cines. Nesta ocasión foi un acto moi especial dirixido aos rapaces do concello que acudiron por medio do colexio local e acompañados polos seus profesores. A presentación dos autores do libro foi realizada polo concelleiro de Cultura e na mesma os nenos puideron disfrutar dun audiovisual que recollía as imaxes das sás cinematográficas e dun breve historial do cine desde a aparición do cine mudo.

Este entrañable acto rematou cunha invitación, por parte do concello de San Sadurniño, aos nenos a saborear unha taza de chocolate con churros.