Busca neste blog

Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIÓN CINES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIÓN CINES. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de febrero de 2012

Exposición Fene

EXPOSICIÓN CINES FENE
A Asociación "Conxeito", en colaboración co Concello de Fene levará a exposición "Cines da
Comarca", á Casa do Humor, onde os veciños de Fene poderán recordar tempos, non tan
lonxanos, nos cales podíase disfrutar das oito sás de cine que chegaron a funcionar
simultaneamente durante un tempo ata a súa desaparición. A inauguración da
mesma terá lugar o próximo xoves 20 de maio e estará ata o venres 4 de xuño e
horarios de mañán e tarde, de luns a venres."Cines da Comarca de Ferrol" consta
de 25 paneis onde pódense contemplar arredor de 70 sás de cine que
funcionaron na comarca dende principios do século pasado ata hai poucos
anos que foron "caendo" todos baixo o peso do "progreso".

Mari Carmen SIlvar, concelleira de Cultura de Fene, O señor Maceiras, dono do cine Liceo
                                        e Luis Calvo, presidente da asociación "Conxeito, na Casa do Humor de Fene, 
                                  o pasado 20 de maio durante a inauguración da exposición "Cines da Comarca de Ferrol"

miércoles, 18 de mayo de 2011

San Sadurniño




O día 6 de maio no Centro Cultural do concello de San Sadurniño tivo lugar a inauguración da exposición de cines de Ferrol e comarca coa presentación do libro a cargo dos autores María Xesús Arias e Luis Calvo Teijo e Nuria Toro Prieto, membro da asociación Conxeito, os cales estiveron acompañados plo concelleiro de Cultura nun acto ao que acudíron os alumnos e profesorado do colexio de San Sadurniño que a continuación foron agasallados con un chocolate e churros por parte do concello.

martes, 10 de mayo de 2011

Feira Libro Ferrol





A exposición de Cines de Ferrol e Comarca, da Asociación Conxeito estivo durante a celebración da Feira do Libro de Ferrol 2011, desde o día 6 ata o día 10 de maio cunha grande asistencia de público que amosaba a súa satisfacción pola oportunidade de lembrar a existencia daqueles cines e os momentos da xuventude.

lunes, 18 de abril de 2011

Cedeira



No mes de abril, ao longo da Semana Santa do 2011 a exposición de cines de Ferrol e comarca, da asociación Conxeito sigue co seu periplo de presentación en todos os concellos, tocándolle o turno a Cedeira que puido disfrutar, na Casa da Cultura,  do visionado das imaxes da mesma que recollen practicamente a maioria dos cines existentes na comarca o século pasado.