Busca neste blog

Mostrando entradas con la etiqueta Mostra 2011 Diario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mostra 2011 Diario. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de noviembre de 2011

Ética do comportamento (venres 18)



 

As 5 da tarde, nas actividades exteriores houbo unha deMostrAción a cargo do Parque de Bombeiros de Ferrol que fixeron un simulacro de Excarcelación dun Accidente de Tráfico.

Ás 7,30  da tarde, no Teatro Jofre, tivo lugar a Clausura da Mostra “Cinema e Sociedade 2011” coa presentación dun resume da mesma, en formato vídeo, e a realización dunha Gala coa entrega da Mención especial de IMAXE ao director extremeño Antonio Gil Aparicio, quen recibíu o premio de mans da concelleira de Cultura de Ferrol, Susana Martínez Galdos e o presidente da Asociación Cultural “Conxeito” e director da Mostra, Luis Calvo Teijo.  










Susana Martínez Galdos (Concelleira Cultura)                                           Antonio Gil Aparicio
Antonio Gil Aparicio (Mención Especial Imaxe)                                           Luis Calvo Teijo
Luis Calvo Teijo (Director da Mostra)
Ana Lago (Gadisa)


    



jueves, 17 de noviembre de 2011

Discapacidade Infantil (xoves 17)

O xoves 16 en horario de mañán tivo lugar a proxección do filme “Las llaves de casa” do director Gianni Amelio que trata do tema da discapacitación infantil. Os ponentes da Mesa que debatiron sobre este tema foron Xavier Picos, psicólogo de Aspaneps, de Fene; Alvaro Illobre da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol e Beatriz García Gómez, do CAMF (Centro de Axuda a Minusválidos Físicos).


Xavier Picos                               Alvaro Illobre                         Beatriz García

Ás cinco da tarde na plaza da Costitución, diante da sé da Fundación Novacaixagalicia houbo una exhibición de deporte integrado a cargo do grupo de Baskemit Ferrol.


O Cine Fórum do xoves, ás oito da tarde, estivo adicado ao tema da Ludopatía coa proxección dalongametraxe galega do director Lluis Zayas,  “Xogo de mentiras”.  A charla coloquio que houbo acontinuación estivo dirixida polo presidente da Asociación de ExAlcohólicos de Ferrolterra, José Ruzo.




miércoles, 16 de noviembre de 2011

Anorexia e bulimia (mércores 16)

O mércores 15 o tema do día xirou arredor da Saúde e Imaxe, título da Mesa que celebróuse deseguido da proxección “Anorexia e Bulimia” documental de 50 minutos sobre as vivencias de catro rapazas arredor desta problemática.

A esta mesa e debate asistiron as psicólogas de ABAGAL, Áurea Brea Fernández e Marta Bouzas Lameiro, da asociación de Anorexia e Bulimia de Santiago quenes departíron ampliamente cos alumnos de 3º e 4º da Eso dos institutos Carvalho Calero, Montojo, Sofía Casanova e Rodolfo Ucha cunha grande participación.

No cine Fórum da tarde o público asistente disfrutou da proxección da película “Sara” da directora Silvia Quer, sobre o tema da Violencia de Xénero que foi tratado por Mari Carmen López, psicóloga do centro de loita contra os malos tratos á muller de ALMAT, de Narón.